Torna a la cerca actual

Filtres de cerca actuals

IES O Mosteirón (Sada) - 4t d'ESO

Valoracións despois de ver 'En construcción'

En construcción - Comentaris, reflexions, creacions escrites

Por Alex Lousame

Ao pouco de comezar a vela xa notamos que desprende ideoloxía. É unha crítica constante á desigualdade enfocándoa desde diferente ópticas. Por exemplo vémolo nunha parella na que ela traballa como prostituta por necesidade e el vai ingresar no exército.

Os diálogos entre Abdel e Santiago tamén invitan a reflexionar. Abdel leva toda a carga ideolóxica da peícula, é un obreiro con conciencia de clase: “Baixo neves como esta fixéronse revolucións como a rusa” di nunha ocasión; mentres Santiago é un personaxe totalmente antagónico. Un obreiro alienado.

Por Paula Bouza

En construcción pareceume unha película documental moi interesante polos encadres, a forma de empregar as luces e os sons, etc. Foron os aspectos técnicos, por exemplo os diferentes ángulos e perspectivas nas que se coloca a  cámara, o que máis me gustou. Ao mellor alguén estaba falando e a cámara en vez de gravar aquela persoa, enfocaba a igrexa ou a obra . Era moi orixinal.

 

Por Elena Fraga Anguita

Esta película móstranos diferentes aspectos da vida: a pobreza, os problemas coas drogas, coa prostitución, co consumo de alcohol… Gústanme este tipo de películas que non mostran unha realidade perfecta e que ensinan como moitas persoas teñen que afrontar a vida desde “cero”

 

Por Irene Luaces

Gustáronme as eleccións dos personaxes que fixo o director, xa que os seus diálogos mostran con moito realismo como é ese barrio e os seus conflitos. Tamén me gusta o tratamento dos planos que se fai na película. Aínda así fíxoseme demasiado longa.

 

Por Enrique Lastres

A min a película En construcción non me gustou nada, a verdade, é un tipo de película documental que non estamos afeitos a ver e non a entendín.

 

Por Iago González Rodríguez

A verdade é que a película non me gustou, non me fixei moito nos recursos técnicos e pasei todo o tempo intentando atopar unha historia e a aclaración de por que estaban alí esas persoas. Ata que mo explicaron non o entendín. Aínda así seguirei indo a estas actividades porque me gusta descubrir (aínda que ás veces non me gusten moito as pelis) 

 

Por Nadia Seguín 

O documental a min paréceme moi ben feito. Os personaxes e os seus diálogos resultan moi auténticos aínda que ás veces non conten nada. Con todo hai momentos en que se me fixo un pouco pesado.

Pel·lícules

José Luis Guerin
En construcción 2001

Seqüències

Blog: IES O Mosteirón (Sada) - 4t d'ESO (2)