Atrás

CinEd

Proxección de 'El espíritu de la colmena' en Numax

El espíritu de la colmena - Proyecciones

Onte, xoves 9 de novembro, os alumnos de 4º de ESO e de 1º de BACH do IES de Cacheiras (Teo) visitaron o cinema de Numax para descubrir El espíritu de la colemena, de Víctor Erice.

No debate posterior, os mozos comentaron as cores que dominaban na película, coma os amarelos e laranxas nos espazos interiores e as cores mais verdosas e desaturadas dos exteriores, demostrando unha gran capacidade de observación e sensibilidade.

Destacaron as secuencias que percibiron mais suxerentes como os planos de Ana na meseta, soa e pequena fronte á inmensidade da paisaxe. A secuencia de Teresa no tren e os rostros das persoas que denotan certo abatemento. Tamén chamaron a atención as secuencias onde Ana dubida, como cando ve un cogomelo venenoso ou cando Isabel faise a morta. E a escena do cinema, por como preséntase o pobo e como fainos dudar, como espectadores, sobre quen vai ser a protagonista do filme.

A demais, falamos de como nesta mesma escena, o documental cóase no guión. Do silencio, os elementos que remiten á estrutura do conto infantil, as cores, o significado da colmea, o contexto histórico e as referencias autobiográficas. Tamén da importancia do cinema como espazo de liberación, como un lugar de aventura interior e de liberdade, e de como esa experiencia conserva intacta a súa capacidade de asombro.

Películas

Víctor Erice
El espíritu de la colmena 1973

Secuencias

Blog: CinEd (10)