Atrás

CinEd

Proxección de 'El espíritu de la colmena' no CGAI

El espíritu de la colmena - Proyecciones

O pasado 17 de novembro, os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Rafael Dieste visitaron o CGAI para descubrir en pantalla grande El espíritu de la colmena, de Víctor Erice. 

As primeiras reaccións despois da proxección foron diversas. A moitos lles impresionou o final do filme, é un final aberto e esperaban que se pechase doutro xeito aínda de que se percataron de que toda a película en se mesma é moi aberta.

Tamén sorprendéronse coa escena en que Ana foxe do seu pai tras comprobar que a caseta está baleira. A partir deste momento lembramos a secuencia do almorzo da familia no que Ana descobre a través do reloxo que algo pasou "ela ponse nerviosa" "deixa de beber e observa ao pai".

Ademais comentamos a escena documental do cinema na que Ana descobre por primeira vez a Frankenstein: "non eran actores", "gravou a proxección da película". "Só Ana e Isabel eran actrices", non, "porque Isabel non llo cre pero Ana si que llo cre, ten medo e por iso logo pregúntalle a Isabel" "Ana non actúa, Ana crello". Coincidiron na singularidade desta escena tan especial onde a realidade irrumpe na ficción.

Outros aspecto importantes do filme que chamaron a atención foron o sentir do tempo a través dos planos "son estáticos, moi pensados" e a luz "aparece moito o amarelo como nas colmeas".

Continuaremos conversanso e compartindo os posteriores traballos e reflexións a través do blogue.

Películas

Víctor Erice
El espíritu de la colmena 1973

Secuencias

Blog: CinEd (12)