Como participar

Poden participar en CinEd docentes e centros educativos, responsables de espazos culturais, salas de exhibición, entidades do ámbito educativo ou social, etc. A participación é gratuíta. Só é necesario seguir os seguintes pasos:

  • Rexistrarse na plataforma www.cined.eu: permite visionar as películas e acceder aos materiais pedagóxicos.
  • Recibirás un documento de condicións de participación e un formulario. É necesario completar o formulario, asinar o acordo aceptando as condicións e enviar ambos os documentos a cined@abaoaqu.org.
  • Unha vez recibidos os documentos, procederemos a darche de alta na plataforma e poderás acceder a todas as películas.

 

PROXECCIÓNS E TRABALLO POSTERIOR EN CLASE

Descubrir as películas da colección CinEd require proxeccións en boas condicións técnicas e de espazo (escuridade, calidade de imaxe e son, comodidade). Por iso é importante que os participantes atopen espazos de exhibición adecuados (salas de cinema, auditorios de centros culturais ou bibliotecas, etc.).


Se participades en CinEd como centro educativo...

  • O centro educativo será responsable de organizar as proxeccións nun espazo coas mellores condicións de visionamento posibles. En ningún caso faranse as proxeccións nunha aula ordinaria.
  • Deseñar a programación (preferentemente de maneira que cada grupo de alumnos vexa como mínimo dúas películas da colección).
  • Comunicar á organización de CinEd as sesións que realizaranse para que consten na web e formen parte así da memoria do proxecto.
  • Coñecer os materiais pedagóxicos dispoñibles na plataforma CinEd e preparar a introdución das películas que veranse co alumnado.
  • Publicar no Blogue CinEd ou enviar á organización do proxecto fotografías das sesións para que consten na memoria do proxecto.
  • Desenvolver o traballo posterior en clase a partir das propostas de análises e creación incluídas nos materiais pedagóxicos (propostas xerais e cadernos específicos sobre cada película).
  • Publicar no Blogue CinEd os textos, comentarios e prácticas creativas realizadas a partir do traballo sobre a película.

 

Se participades en CinEd como entidade, centro cultural, sala de exhibición...

  • A entidade será responsable da organización e coordinación das proxeccións. Ofrecerá e difundirá entre os centros educativos a programación CinEd, tendo en conta os requisitos que se detallan nas condicións de participación: o espazo para garantir unha boa proxección, os elementos gráficos de comunicación, etc.
  • Deseñar a programación (preferentemente de maneira que cada grupo de alumnos vexa como mínimo dúas películas da colección).
  • Comunicar á organización de CinEd as sesións que realizaranse para que consten na web e formen parte así da memoria do proxecto.
  • Asegurar que os centros educativos participantes se rexistren na plataforma www.cined.eu para que os docentes poidan visionar as películas antes da proxección se lles interesa e poidan revisionar fragmentos cos alumnos durante o traballo posterior á proxección.
  • Facilitar que o profesorado dos centros participantes dispoña dos materiais pedagóxicos e promover o traballo en clase despois das proxeccións.
  • Dinamizar as sesións presentando brevemente as películas antes da proxección, espertando o interese e a atención dos alumnos, e desenvolvendo un breve diálogo participativo posterior.
  • Comunicar á organización de CinEd as accións desenvolvidas para que poidan publicarse na web e moi especialmente, compartir o retorno por parte dos centros educativos para que podamos facer crecer o proxecto entre.
  • Motivar que os docentes publiquen no Blogue CinEd os textos, comentarios e prácticas creativas realizadas a partir do traballo sobre a película.

As sesións serán gratuítas. No suposto que a entidade organizadora necesite cobrar unha entrada para cubrir os gastos de proxección, o prezo da entrada por alumno nunca superará os 2,5€.